Este domingo 26 de febreiro comezaron oficialmente as competicións para o Náutico Pontecesures ca disputa do Control Galego de Inverno. Esta primeira competición do ano celebrouse na localidade de Ribadavia para as categorías cadete, júnior e sénior. Asistiron a competición cinco palistas, tres dos cales pertencen a categoría cadete e dous a júnior, todos eles na modalidade de canoa. Os resultados máis destacables foron o 2º posto acadado por André Oliveira e o 6º posto acadado por Adrián Vicente en C-1 cadete na distancia de 5.000 metros. Esta medalla significa a primeira medalla na nova era do Náutico dentro das competicións denominadas de pista. Asemesmo os outros participantes tamén fixeron unha boa actuación.

  • André Oliveira: 2º posto cadete
  • Adrián Vicente: 6º posto cadete
  • Cristián Barreiro: 19º posto cadete
  • Marcos Pesado: 14º posto junior
  • Carlos Castro: 18º posto junior
  • Clasificación por clubes: 14º posto

Este vindeiro domingo 5 de marzo no mesmo lugar celebrarase o Campionato Galego de Inverno donde participarán ademais dos citados palistas Lorenzo Riveiro que causou baixa no Control. As maiores esperanzas irán albergadas en André para que poida repetir a actuación pasada e conseguir algún metal no Galego.

JAVIER BOUZAS. Adestrador do Náutico Pontecesures