O pasado sábado 11 pola tarde o Concello de Rianxo en colaboración co Club Piragüismo Rianxo organizou unha regata de carácter amistoso coincidindo co aniversario da fundación do club.

Os cadetes e junior foron ca intención de preparar a posta a punto cara o campeonato de España e os máis cativos de ver a evolución de todo o adestramento realizado no inverno posto que era a primeira regata para eles.

Os resultados máis destados son os seguintes:

  • Jorge Riveiro: 1º posto K1 alevin
  • Samuel Vázquez: 3º posto K1 infantil
  • Álvaro Loureiro: 1º posto C1 infantil
  • Javier Bernal: 2º posto C1 infantil
  • André Oliveira: 3º posto C1 cadete
  • Samuel Vázquez/Ismael Llerena: 2º posto K2 infantil
  • Javier Bernal/Álvaro Loureiro: 1º posto C2 infantil

Recordovos a todos os cesureños que este fin de semá vaise a celebrar o Campeonato de España no embalse de Castuelo de Miño (Ribadavia) que será retransmitido pola TVG en directo, donde o máximo expoñente do Nautico Pontecesures a conseguir algunha das medallas en xogo será André Oliveira logo de proclamarse subcampion galego.

Por: Javier Bouzas – Adestrador do Náutico Pontecesures