O cura párroco de Pontecesures anuncia que deixará a parroquia ó rematar xuño próximo
Nas homilías das misas do pasado fin de semana, o cura párroco de Pontecesures D. Severino Potel Estévez anunciou que xubila por razóns de saúde e así deixará a parroquia ó rematar este curso escolar dicindo ademáis que non coñece nada que atinxa o nomeamento do seu substituto.
D. Severino Potel é de Outeiriño-Xanza (Valga), ten 79 anos e dentro duns días cumpre 22 anos ó fronte da única parroquia de Pontecesures (San Xulián de Requeixo)
13 Respuestas a “O cura párroco de Pontecesures anuncia que deixará a parroquia ó rematar xuño próximo”
Eu coñecíao coma “Don Manuel”, que foi o que oficiou a miña primeira comunión … non lembro os apelidos
Pois, D. Severino pareceme un bó home, e neste caso (pois a iso ven este comentario) un bó crego tamén. Gustáronme as súas palabras en moitas ocasións – indistintamente de ter fe ou non – (claro que se estaba alí, enténdese que algunha debo ter), parecían ser as dun home qeu cría no que dicía. POr outra banda, sempre tivo coidado do templo e do seu entorno. E claro, hoxe en día non é doado atopar un crego pausado que celebre con devoción e convicción os misterios eses, que atenda o confesionario e que se lle vexa rezar…
Creo poder dicir que en D. Severino todos puidemos ver esto algunha vez.
Un saúdo…
Por certo, Cesures é un pobo fermoso. Inda que non son dalí.
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.


