A xente de google ven de darnos a posibilidade de xestionar o correo @pontecesures.net con eles, empregando o mesmo sistema que o gmail pero para contas de correo deste dominio.

Desta forma poderemos ter contas do tipo calqueracousa@pontecesures.net cun espacio para correos de ¡2GB! e que poderemos empregar da mesma forma que agora facemos cas contas de hotmail, yahoo e outras gratuitas, pero ca gran diferencia de que estamos empregando o noso dominio (pontecesures.net).

Actualmente a xestión das contas de correo faise por redirección: Os correos enviados a @pontecesures.net reenvianse directamente á conta real do usuario. Esto non se pode facer con gmail, xa que as contas serían reais, co noso propio webmail.

En resumen, a consulta vai para quen xa ten unha conta con actual sistema (redirección) e para calquera interesado en ter unha (no actual ou baseado en gmail):

¿ E mellor a redirección ou é preferible ter esas contas coma reais ?