atletismo.jpgO Club Atletismo Tui xunto coa a Delegación Galega de Atletismo en Vigo, o pasado día 22 de outubro organizaron o Campionato Galego de Maratón de todas as categorías e o XII Maratón Popular do Baixo Miño. A saída foi ás 8,30 dende Tui, pasando por Goián, Ponte de Amizade, Vila Nova de Cerveira (Portugal), novamente a Ponte e pola estrada nacional chegando a Tui despois de percorrer a distancias homologada pola Federación de 42 km. 195 m.

Nesta proba Francisco Sanmarco (Paco), residente en Pontecesures e pertencente ó club Atletismo Sar-Mahia, chegou no cuarto lugar, realizando un tempo de 2:48:43 (4:00 minutos por kilómetro) e acadando o seu primeiro título de Campión Galego de Maratón.

Cabe resaltar as duras condicións meteorológicas nas que se desenvolveu a proba.

:: Ligazóns de Interés ::