MagostoO venres día 10 de novembro, celébrase no patio cuberto do CPI Pontecesures a festa de referencia co seguinte horario:

19 horas. SHOW DOS PALLASOS.
20 horas. MÚSICA TRADICIONAL.
21 horas. MAGOSTO.
22 horas. SESIÓN DISCO.

Están a venda, ao prezo de 5 €, os tickets para asistir á Festa con dereito a degustar dunha ración de empanada, un boliño preñado, un refresco e un cartucho de castañas.
Colaboran coa festa O Show dos Pallasos (o grupo de Elías), o concello de Pontecesures, Protección Civil de Pontecesures, o grupo Xarandeira, o grupo Algueirada da ANPA, e a Panadería Basadre.
Os beneficios irán destinados á viaxe de fin de curso de 4º de ESO.