16/Nov/2006
Ultima hora: o alcalde convoca o pleno extraordinario solicitado polo PP

No mediodía de hoxe o alcalde convocou para o martes día 28 de novembro ás 18,00 o pleno extraordinario solicitado polo PP o pasado sábado día 11 de novembro cun único punto da Orde do Día é o seguinte: “Petición de Comparecencia do Sr. Alcalde en relación co consumo de combustible dos vehículos de servizos municipais”.
O alcalde, coma sempre, esgotou o prazo de 15 días hábiles para celebrar o pleno e fixou unha hora na media tarde tratando de que non asista moito público. Dende aquí fago un chamamento aos veciños para que acodan en masa a este pleno para ter información do que sucedeu no noso concello con este tema do desorbitado consumo de combustible.
Por Luis Angel Sabariz Rolán. Arquivado en: Concello
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.



