Na anterior nova que ven a contarnos que a “Asociación para o Desenvolvemento dos Vales do Ulla e Umia (ADR) pora en marcha un sistema de información xeográfica (SIG) para a xestión da información turística e territorial de tódolos municipios da comarca”, atopamos que hai uns orzamentos de 45.000 euros, eu espero que sexa en grande medida para a introducción de datos, porque non necesitan moito máis, tecnicamente falando.

Hoxe por hoxe, hai algo que funciona e é totalmente operativo: Google Maps, ainda que o nivel de detalle da nosa zona non é o mellor, dache tódalas ferramentas para crear unha web que empregue a súa tecnoloxía, de valde, e cunha facilidade e posibilidades sen limite.

Exemplos de aplicacións web que empregan esta tecnoloxía:

Xerales (a nivel mundial)

Locais

  • Crimes en Dublín: Amosa os feitos criminais acontecidos en Dublín, podendo ver estos entre datas, por xénero, e facilita información (premendo sobre un dos eventos) sobor do acontecido.
  • Bilbao.bi: Amosa Comercios, zonas, e fotografías geoposicionadas. Está en Beta.
  • Caixeiros automáticos en Holanda: do Postbank
  • O tempo en Australia: Premendo sobre calquera marcador, da información completísima das medicións da estación metereolóxica indicada.

Curiosos

Exemplos de mapas sinxelos, sin programación ningunha

Empregar a API de Google non é complicado, toda a documentación está (en Inglés) en: http://www.google.com/apis/maps/