Ainda que non aparece na edición dixital, na edición impresa do Diario de Arousa aparece a seguinte nota:

SE ESTE PROXECTO TIVERA QUE IR HOXE A PLENO, SEGURO QUE O PERDERIAMOS.
Manuel Luis Alvarez Angueira, el alcalde nacionalista de Pontecesures, se congratuló del inicio de las obras del Club Náutico, un proyecto “moi importante” y que para convertirse en realidad tuvo que pasar varias veces por el Pleno. En las primeras ocasiones fue rechazado por PP y PSOE, y finalmente pudo aprobarse cuando se firmó el pacto de gobierno entre BNG, ACP e IP en el último trimestre del año 2004. El regidor cesureño se pregunta qué ocurriría si la actuación tuviese que pasar por el Pleno hoy en día, con la situación política existente en el municipio. “Se hoxe necesitáramos ese acordo, posiblemente a ACP non aprobaría a actuación e perderíamos ese importante proxecto, o que demostra a inestabilidade política desa formación.


Pois vaia machada ésta última frase. O alcalde non está o bastante satisfeito coa obra, que aproveita a ocasión para arremeter contra a ACP como sempre. Pois respostámoslle o seguinte:

  1. A ACP sempre apoiou a reforma votando a favor en tres ou cuatro plenos (nun deles foron testemuñas, por certo, directivos e deportistas do club).
  2. A ACP, aceptando en 2004 a inclusión de IP (que estaba en contra da obra) no equipo de goberno, cedendo a 1ª tenencia da alcaldía e a concellería de obras, posibilitou a actuación porque Maribel Castro (IP) cambiou de criterio e aceptou o investimento.
  3. Resulta repugnante que agora o alcalde coñecendo perfectamente que fun un concelleiro interesado sempre na potenciación do Club Náutico (fixen múltiples xestións para conquerir a subvención, para que se retirase o vello pantalán da zona de Padrón, para que se incrementaran as subvencións, para que se arranxara a sinalización na estrada do peirao, etc..) deixe caer que tamén estaría en contra, facendo de adiviño e tratando de deixarme quedar mal diante dos deportistas.
  4. Pois está errado o alcalde na súa inxusta interpretación. Quere capitalizar el só o investimento por intereses electoralistas e non soporta que os demáis tivésemos algo que ver nas xestións.
  5. Mire Sr. Alcalde, a ACP é moi estable a pesar do que dí vostede e ten dúas cousas moi claras:

-Que apoia claramente a remodelación do edificio do Club Náutico e felicita aos deportistas por este logro moi positivo para todos.

-Que considera que o Sr. Alvarez Angueira non é a persoa idónea para ocupar a alcaldía do noso concello. Nestre, e noutros asuntos, minte descaradamente e nós non desexamos ter un alcalde mintireiro e con esa falla de credibilidade.

Pontecesures, 10 de decembro de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures