O EXTRUGASA RIO ULLA DESPIDE O ANO CUNHA VICTORIA
O equipo senior do Extrugasa Rio Ulla xogou hoxe, sábado 30, un encontro que tiña aprazado en A Lama, cerca de Pontevedra. Foi un partido marcado pola igualdade nos primeiros 20 minutos, pois ambos equipos se alternaban no marcador (12 – 10 para os locais ó final do 1º cuarto, e empates a 27 no descanso), pero que no 3º cuarto cambiou ó coller o Extrugasa unha primeira diferencia de 8 puntos (min 27: 35 – 43) gracias ´a velocidade de Roberto “Felino”. Nos últimos minutos do cuarto e ó primcipio do ultimos reacconaron os locais poñéndose a 2 (min 32: 42 – 44), pero de novo Felipe (mellor xogador do equipo neste encontro con 20 puntos), mais 5 puntos de Pedro e 7 de Pepi (o seu mellor partido no que levamos de temporada con 15 puntos), nos ultimos minutos puxeron o definitivo 51 – 60.
O Extrugasa finalizou a primeira volta de 4º, lamentando ter perdidos 2 encontros na casa de pouca diferencia (contra Portas por 3, e con Pub A Leria de 4) que os hebría posto mais perto da cabeza da liga. A clasificación, á falta de disputarse 3 partidos aprazados entre outros equipos é a seguinte:
1º.- PUB A LERIA de CAMBADOS: 9 partidos—8 gañados – 1 perdido—17 puntos
2º.- ARXIL de PONTEVEDRA: 8 partidos—7 xogados—1 perdido— 15 puntos
3º.- EL DOCE POMARCO de PORTAS: 9 partidos—6 gañados—3 perdidos—15 pts.
4º.- EXTRUGASA RIO ULLA: 9 partidos—4 gañados—5 perdidos—13 puntos
5º.- LICEO CASINO de PONTEVEDRA: 8 partidos—5 gañados—3 perdidos—13 puntos
6º.- BASKETDEZA de LALÍN: 9 partidos—4 gaññados—5 perdidos—13 puntos
7º.- PUB FARO de A ESTRADA: 9 xogados—3 gañados—6 perdidos—12 puntos
8º.- CAFETERIA DON MANUEL de CUNTIS: 7 partidos – 2 gañados – 5 perdidos – 9 pts.
9º.- A LAMA: 8 partidos—2 gañados—- 6 perdidos—10 puntos
10º.- BALONCESTO PORTONOVO: 8 partidos—1 gañado—7 perdidos—9 puntos.
Dende o club queremos desexar un Feliz 2007 ós nosos xogadores/as, e a todos os aficionados en xeral, e que o vindeiro ano veña cargado de éxitos deportivos, tanto para o noso club, coma para os demais de Pontecesures.
2 Respuestas a “O EXTRUGASA RIO ULLA DESPIDE O ANO CUNHA VICTORIA”
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.


