COMEZA A TEMPADA 2007 PARA O NÁUTICO

Publicado por Club Náutico en

Club Náutico PontecesuresEste vindeiro sábado comeza a tempada oficial a nivel galego para todos os clubes da autonomía nas categorías cadete, xuvenil e senior ca disputa do Control Galego de Inverno na distancia de 5.000 metros. Esta será a primeira das tres probas do calendario de inverno, dando paso o Campionato Galego e finalmente o Campionato de España.

As grandes bazas do Náutico para estas primeiras probas do calendario son os tres canoístas que se atopan concentrados en Pontevedra, Adrián Vicente e Álvaro Loureiro ca selección galega cadete e André Oliveira na selección española xuvenil; sen olvidar o resto dos rapaces que se atopan adestrando día a día no Ulla.

Este ano será un ano dificil, encontramonos cun cambio de instalación, sen apenas duchas e auga quente, na que as condicións non son as mellores, pero o esforzo pagará a pena para nun futuro poder disfrutar dunhas instalacions acordes a este duro e sacrificante deporte. Pese a todo isto o obxectivo será intentar superar os resultados da tempada 2006.

Sen máis, un sáudo, Javier Bouzas


Club Náutico

Javier Bouzas-Adestrador do club náutico

1 comentario

sorte!! · 7-03-2007 a las 14:14

sorte no campionato de fondo de españa!!!que xa e este fin de sema. moita sorte pero xa sabemos todos quen vai triunfar: AS TORRES DE CATOIRA teñen moi bos palistas este ano!arriba o piraguismo do salnes!!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.