Para substituir a unha das monitoras de Axuda no Fogar-Infancia que renunciou voluntariamente ao posto foi contratada a asistente social residente en Pontecesures Consuelo Ordóñez Martínez que vai prestar servizos neste módulo por 20 horas semanais. Esta traballadora social tamén é, a media xornada, a educadora social do concello.
Tamén foi contratada coma mestra de adultos para o alumnado do obradoiro Mª Fernanda Cimadevila que tamén reside en Pontecesures. Prestará servizos catro horas á semana e sinálase que Mª Fernanda é a profesora que foi contratada polo concello no seu día para o programa de Educación de Adultos que se desenvolve en cada curso escolar no municipio.
Estas seleccións foron realizadas polo Grupo de Traballo Mixto logo da preselección realizada pola oficina de emprego de Vilagarcía.