Programación de actos da “XII Festa da Lamprea”

Segundo a información facilitada hoxe, os actos son os seguintes:

XOVES 12 DE ABRIL

18.00 horas no Salón de Sesións

Será presentada a páxina web oficial do concello (pontecesures.org) e tamén unha guía turística elaborada pola Consellería de Innovación e Industria.

VENRES 13 DE ABRIL

19,00 horas no Centro Social

Espectáculos interactivos para nenos.

21,00 horas na Plazuela

Concerto de rock coa actuación de “Os Predicadores”.

SÁBADO 14 DE ABRIL

20,00 horas no Centro Social

Presentación dos documentais “As Patifas” e “Os mares doces de Galicia”.

DOMINGO 15 DE ABRIL

Exposición de automóbiles antigos polas rúas centrais e pasarrúas con pallasos, zancudos, malabaristas, o grupo folclórico “Xarandeira” e a charanga “Apeles”.

13,00 horas no Salón de Sesións

Letura do pregón. Como pregoeiro estará Jorge Mira, fisico e colaborador do programa “Cifras e Letras” da TVG.

Carpa do Peirao

Degustación da lamprea

O custo de moitos destes actos é asumido pola Xunta de Galicia como o de moitos nos últimos acontecementos festivos (festas do Carmen, programación de Nadal, Cabalgata de Reis, San Xulián, etc..)

Esta entrada fue publicada en Cultura, Sin Categoria y clasificada en , , , , , , . Guarda el enlace permanente. Publica un comentario o deja un trackback: URL del Trackback.

2 Comentarios

  1. follonero
    Publicado: 3-04-2007 a las 17:28 | Permalink

    de verdá que isto é o que hai. o que hai e crisis. xa pode estar boa a lamprea. bufff

  2. dubida!
    Publicado: 3-04-2007 a las 21:51 | Permalink

    a “Exposición de automóbiles antigos” vai ser koma a quese fixo fai uns anos que kreo que fora con motivo do 75 aniversario?

Publicar un Comentario

Debes iniciar sesión para publicar un comentario.