O venres 13 de abril e co debate de Moraña, comeza a quenda de 25 debates de candidatos dos distintos municipios ás eleccións locais do 27 de maio.
O debate dos candidatos á alcaldía de PONTECESURES é o venres 20 de abril. Terá lugar, como todos, no Hotel Ciprés de Godos (Caldas de Reis) e será moderado polo xornalista Antonio Blanco.
O debate será emitido en TV Salnés entre as 22,30 e as 22,45 horas aínda que é unha emisión en diferido pois o debate en sí será grabado ás 16 horas do propio venres 20 e terá uns 90 minutos de duración.
A canle de televisión convidará aos candidatos e están regulados os tempos, os turnos e a orde das intervencións.