Carta aberta de Cristina Míguez Alvarez (O Grove) publicada no Diario de Arousa de 27/05/07

CONSIDERO QUE a idade establecida pola lei para poder votar é inaxeitada. Na miña opinión, os rapaces de 16 anos son tan maduros para poder votar coma os rapaces de 18. É máis, xente de 30 anos máis inmadura si ten dereito ó voto.

Considero, ademais, que é máis limpo o voto dun mozo de 16 ou 17 anos, que ó mellor non é todavía o suficientemente maduro pero que elixe ó representante que prefire, que o voto de xente maior que xa non ten capacidade de razoamento e a quen lle poñen a papeleta na man. Esto ocorre continuamente en residencias de anciáns de toda Galiza e España.

Cada ano, cando se achegan as eleccións, aparecen novas nos xornais onde se fala de traballadores destas residencias, que, levan as persoas que están ó seu cargo a votar. Dalles igual a súa opinión.

Non quero dicir que todos sexan iguais, tan so me gustaria que se reflexionara sobre a idade de voto, e que se vixiara máis este tipo de atentados contra a liberdade.