CELEBROUSE O VIII ANTICAMI?O DE SANTIAGO

Publicado por fru en

 

imgp0847-web.JPG

O pásado sábado día 11 celebrouse por oita vez consecutiva, unha nova edición do anticamiño de Santiago.

Composto na súa maioria polos xogadores do C.B Pontecesures de basket e algún que outra «perxonaxe», marca este feito o comezo da tempada de baloncesto para o equipo xenior. Continua así unha tradicción que data do ano 1999, cando Xoxó Abalo, Fernando Peñaño, Chus Abalo e Roberto M. Camoiras «Sapo», fundadores orixinais da idea e do anticamiño de Santiago, comezaran o que co tempo se convertiría nun ritual de obligado cumprimento, tódolos agostos dos posteriores anos.

Este ano,  a pesar da falta dos irmáns Abalo Piñeiro e do Carlos o Xurelo, culminaron a viaxe sete amigos, sete compañeiros, unha camiñata que comezou en Santiago ás doce do mediodía e rematou, logo de 27 «repostaxes» , na Adega a Pía (a pesar de Canducho) ás dúas da mañá, onde degustaron un dos seus excelentes «manxares».

Foron moitos os ánimos que recibiron, durante e despois da viaxe por parte da xente que os arengaba. Xa se está a preparar unha nova edicción, a IX do 2008, na que se espera e invita a todo o que queira participar no que cos anos se convertirá nun importante evento, se non o é xa.

 imgp0865-web.JPG


6 comentarios

cachote · 18-08-2007 a las 15:44

Vaites vaites, está ben esta nova… e moi boa a foto, notase q inda era mediodia. un saudo, e por moitos anos mais.

O Rei · 18-08-2007 a las 17:13

O ano que ven voltarei participar, pero saíndo dende Estocolmo………catro sermanas antes…… Que non se perda a, xa tradición.

Xoxó · 19-08-2007 a las 01:22

Da gusto ver dende lonxe que as boas costumes non só se manteñen, senón que melloran co tempo, coma os bos viños que tomamos no Anticamiño (p.e., o viñaso do extinto bar Sevilla ou o de Casa Javier).
Posto que, a-lo menos temporalmente, George Walker (Texas Ranger) Bush botarame do seu imperio en agosto de 2008, aproveitarei de seguro para non fallar na IX edición. Pararei a adestrar nas Azores, se non hai temporal con forza 3 a 4.
¡Que dure!

Bli · 19-08-2007 a las 03:00

Como sigades así vades ter que asignarlle un dia para celebrar o dia do anticamiño. E ese dia sera marcado no calendario como festa nacional, ja, ja, ja…

mallorquin · 20-08-2007 a las 00:22

me encanta la página, así puedo seguir las noticias de este bonito pueblo desde las islas, no desde tan lejos como Xoxó y Chus, pero bueno.

gulli127 · 23-08-2007 a las 00:18

A ver, por fin podo contestar. Unha vez que Nacho se vai, podían seguir os seus pasos Frutuoso e Peñaño, que anos xa van tendo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.