Programa de balnearios da Deputación de Pontevedra.
O concello de Pontecesures participa no Programa Diurno de carácter lúdico no Balneario Termas de Cuntis-Quenda de Outono, que organiza a Deputación de Pontevedra, poñendo 20 prazas a disposición dos veciños/as que cumpran os requisitos de participación.
O Programa facilita a asistencia ó Balneario de Cuntis durante unha semana (de luns a venres) incluíndo o transporte e a estadía de 2 horas diarias durante as que se poderán utilizar as instalacións do balneario incluídas no programa. A quenda desenvolverase nos meses de setembro, outubro ou novembro.
Os/as participantes teñen que aboar 3,60 €/día, isto é 18 € (inclúe os traslados en autobús e o uso das instalación do balneario).
Requisitos:
- Estar empadroados/as e ter domicilio en Pontecesures.
- Valerse por sí e non padecer alteracións de comportamento nin enfermidade infecto-contaxiosa.
- Cumprir algúns dos seguintes requisitos específicos:
- Seren pensionista, ou
- Seren coidador/a principal dunha persoa dependente, ou
- Teren 50 anos cumpridos.
As solicitudes presentaranse acompañadas do DNI, Certificado de empadroamento, Informe Médico, e outros documentos que acrediten as circunstancias alegadas na solicitude.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 4 de setembro.
Para máis información poden dirixirse ó Servicio Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.
6 Respuestas a “Programa de balnearios da Deputación de Pontevedra.”
Pero Sabariz cala un pouco dunha vez, oes tamén podes ir tomalas augas O Carballiño, alí hai un lío de moito collón co bng e o PP facéndolle pinza a un delfin socialista de Pachi Vázquez, os pactos, que pactos de progreso nin que carallo, andas a ostias pataqueiras en todas partes.
Quintana anda co himno a voltas como na epoca de franco e agora fai papadas para dez mil vellos, moi ben o progresismo voto=baile+papada+ borracheira….pagamos todos esa e a educación para a cidadanía….os salvadores da terra….si si si
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.


(3 votes, average: 3.67 out of 5)
