Os 11 membros da corporación municipal de Pontecesures foron convidados pola Comisión de Festas de Porto, a través dun escrito dirixido á alcaldesa do que se dou conta na sesión plenaria do 30 de xullo pasado, para asistiren á procesión na honra de San Roque que terá lugar o venres 24 ás 12 da mañá, á posterior misa solemne e á degustación dun viño galego que se servirá no Bar Choco despois da poxa de ramos.