24/Ago/2007
Asociación de Empresarios dos Vales do Ulla-Umia (AEVU)
Agrupa esta asociación a 120 empresarios dos concellos de Caldas, Cuntis, Valga, Catoira, Moraña, Pontecesures e Portas.
Presidida por Andrés Quintá, naceu co novo milenio para defender e dar resposta ás necesidades das empresas da comarca.
SERVICIOS DE AEVU
- Información puntual
- Asesoría Fiscal, Xurídica e Laboral
- Asesoramento en Prevención de Riscos Laborais
- Departamento de formación e teleformación (tutor on-line)
- Axente de emprego
- Asesoramento a emprendedores
- Bolsa de traballo
- Representación
- Convenio con BATA
- Convenio coa Universidade de Santiago
MEMORIA DE ACTIVIDADES
- Premios AEVU 2006 no Hotel Balneario “La Virgen” en Cuntis, aos que asistiron máis de 150 representantes do mundo empresarial así como diversas autoridades da Xunta de Galicia.
- Seis cursos de Prevención de Riscos Laborais en colaboración coa Consellería de Traballo nos que participaron 156 alumnos.
- Xornada sobre “Axudas, Subvencións e Deducións Fiscais en Proxectos I+D+I.
- Xornadas sobre “A Rede, unha ferramenta de traballo”.
- Visita a BRILAT en Figueirido, para informar das distintas saídas profesionais que ten unha carreira militar.
- Seminario “Cómo crear unha empresa”.
- Xornadas sobre “Cultura preventiva e orientación laboral”.
- Xornada sobre “Protocolo e Sucesión de empresas familiares”.
- Xornada sobre “Cómo adaptar unha empresa á Lei Orgánica de Protección de Datos”.
- Charla informativa sobre “Cómo ser emprendedor”.
- Curso de iniciación ó galego.
- Cursos de elaboración de centros navideños.
- Distintos seminarios.
- Impulso da teleinformación coa participación de 127 alumnos en varios cursos que dende a Asociación se ofertan a distancia.
- Información e participación sobre cursos do PLAN FIP 2006.
- Ampliación da bolsa de emprego que posúe a Asociación e que actualmente conta con 301 persoas.
Para recibir máis información sobre o desenvolvemento deste Plan Formativo que se realizará dende AEVU poden contactar coa Asociación a través do número de teléfono 986-540759.
Por Luis Angel Sabariz Rolán. Arquivado en: Sociedade
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.



