Quince mil euros

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Creo que estamos todos de acordo en que os políticos e os funcionarios públicos non temos boa prensa. Por algo será. A cousa non pode mellorar se lemos que arredor de 4.000 «ex» (alcaldes, deputados, senadores, presidentes das deputacións, directores xerais e outros altos cargos) funcionarios e con dedicación exclusiva dous anos, percibirán 15.000 � anuais ata a súa xubilación.

Agradezo que haxa algunha xente sensata que se opoña a este privilexio, caso de Encarna Otero ou a CIG, pero isto non é suficiente. Expoño algúns casos:

Hai un número moi elevado de mozas e mozos con carreiras que traballan máis das oito horas diarias e que non cobran mil euros ao mes. Por algo está quedando sen xente o rural galego; as axudas son para outros e así levamos moitos anos.

Aínda que a política é unha actividade necesaria, sabemos que case todos os que a practican fano voluntariamente e poucos precisamente para servir aos demais.

Os alcaldes e alcaldesas cando deixan o cargo, non son máis pobres que cando foron a el. Teñen ademais a potestade de cobrar o que lles peta, amén de dietas, comisións, información privilexiada… En Galicia falouse moito deste tema nos últimos tempos.

Quixera que moitos senadores me explicaran o que fan. Para votar o que propón o Goberno non precisamos deputados. Teñen que demostrarnos algo. Creo que deben xustificar o que cobran. Os funcionarios do ensino temos que facer memoria escrita cada fin de curso. Supoño que tamén os que desenvolven outras actividades.

Os directores xerais non soen ser expertos nesa materia. Son amigos dos conselleiros ou ministros. Logo designarán libremente unha rea de assesores, tamén amigos, aos que lle pagaremos entre todos os galegos e galegas cos impostos que tanto nos costa xuntar ou que xa nos descontan sen ningún tipo de consulta. ¡Nin que foran deles!.

Con estes 60 millóns de euros demóstrannos que estar nun cargo público é moito máis importante que calquera desempeño profesional. ¡Manda carballo!. Estes cartos, ben empregados, poderían acabar con algunhas miserias endémicas da miña querida Galicia. Aos políticos sempre lle sobraron cartos.

Carta de Ramón Segade (Arteixo) ao Director de «LA VOZ DE GALICIA» 10/09/07


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.