Foron seleccionados para esta prestación por seis meses de duración e que foi subvencionada pola Consellería de Traballo os seguintes peóns:

  • Dolores Pardal Moure.
  • José Luis Vázquez Blanco.
  • Nayra Martín Cabrera.

A acta do tribunal, formado por persoal do concello, esta publicada na porta da Casa do Concello, e alí aparecen as puntuacións correspondentes dos aspirantes. Lémbrase que os seleccionados debían seren mulleres sen límite de idade, ou homes maiores de 45 anos, segundo exixe a orde da Consellería de Traballo.

Estes operarios comezarán a traballar posiblemente o luns 17 de setembro.