26/Oct/2007
Tren de cercanías: O pleno de Padrón aprobou onte a proposta para o traxecto Santiago-Vilagarcía.
Aprobouse onte pola corporación de Padrón a moción conxunta que se presentará tamén en Catoira, Valga e Pontecesures para que se potencie o tramo de cercanías Santiago-Vilagarcía.
Votaron a favor o PSdeG-PSOE, a CIPA, o BNG e o PG. O PP abstívose pois aínda que manifestou que estaba a favor deste servizo pretendía que se incluira a supresión dos pasos a nivel. As forzas que apoiaron a proposta plantexaron que agora o que se trata e de defender o traxecto, que despois xa serían tratados eses problemas.
Por Luis Angel Sabariz Rolán. Arquivado en: Sociedade
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.

(8 votes, average: 4.13 out of 5)
