As 20,30 horas do día de hoxe, no salón de sesións do Concello de Valga, reuníronse os 21 membros da Comisión Executiva da Mancomunidade Ulla-Umia (integrada polos concellos de Caldas de Reis, Moraña, Cuntis, Catoira, Portas, Valga e Pontecesures) para elixir presidente/a e vicepresidente/a desta mancomunidade.

Presentaron candidatura para a presidencia, Fátima Monteagudo, alcaldesa de Cuntis (PSdeG-PSOE) e Roberto Vázquez, alcalde de Portas (PP). Foi elixida Fatima Monteagudo, que tivo 12 votos (os 7 do PSdeG-PSOE, os 4 do BNG, e 1 da Agrupación de Electores de Moraña), mentres Roberto Vázquez, tivo os 9 votos do PP.

Para a vicepresidencia, só presentou candidatura Belén Pazos, concelleira de Cuntis (BNG), que obtivo tamén 12 votos (idéntica votación que para elixir a presidencia), mentres que nesta elección o PP abstívose. En consecuencia, Belén Pazos convertese na vicepresidenta da Mancomunidade.

Lémbrase que Pontecesures ten dous representantes dentro dos 21 membros da Comisión Executiva: José Antonio Baliñas (BNG) e Rafael Randulfe (PP).