Nun día espléndido celebrouse en Pontecesures o día de Todolos Santos no que tradicionalmente as familias visitan os cemiterios para honrar os seus defuntos. A xornada desenvolveuse cunha total normalidade tanto no cemiterio municipal de Condide (en cuxa capela celebrouse unha misa ás 16,30 horas), como no parroquial de San Xulián (na capela do Pilar a misa foi ás 18,00 horas).

Ambolos dous cemiterios foron arranxados nas vísperas e contaron cunha iluminación complementaria.

Tamén funcionou con normalidade o servizo especial da Policía Local para facilitar o acceso dos veciños ó cemiterio parroquial.