Concedida unha subvención de 20.503,39 € por parte da Consellería de Traballo.
Para prorrogar por un ano o contrato do actual axente de emprego e desenvolvemento local D. José Francisco Rodríguez Fructuoso a Consellería de Traballo, ó abeiro da Orde do 9 de agosto de 2007, outorgou unha subvención de 20.503,39 € para prorrogar por un ano o contrato do citado traballador.
Con dita axuda que, foi solicitada o 24 de setembro pasado, se financia o 80% dos custos laborais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por tódolos conceptos.
Una Respuesta a “Concedida unha subvención de 20.503,39 € por parte da Consellería de Traballo.”
Este veciño, muchacho, home, como se lle queira chamar que leva ahí tanto tempo, e polo que vexo prórroga tras prórroga, e supoño que coma él outros tantos, TENDE CARIDADE, con todos eles e buscade o xeito de metelos en plantilla antes de que o Xulgado do social o faga. Non tendes cartos, pois buscadeos, facede unha oferta de emprego, concurso-oposición, por suposto o concurso “made in home” e ¡¡para dentro que xa vai sendo hora!! (por suposto respectando os tan esgrimidos: igualdade, mérito e capacidade). Se vos obriga o xulgado ides cargar con eles, cando teñan a condición de laborais indefinidos ides ter que facer o recorrido, oferta-selección-nomeamento como laborais fixos, para saneala plantilla. Penso que abaratariades costes. Achade fórmulas de financiamento é laboura dos que gobernades.
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.


(6 votes, average: 3.67 out of 5)
