O extrugasa gaña con facilidade ó Marín a base de defensa (71-44)

Publicado por fru en

EXTRUGASA RIO ULLA = 71
Gulli (4), Peñaño (14), Pedrito (9), Diego (-), Victor (2), Pino (17), Nacho (9), Santi (4), Juanjo (4), Roberto (8), e Pepi (-).

ESCOLA NAVAL â?? MARIN = 44

Bo partido dos locais que ó final do primeiro cuarto gañaban por 15, amosando o que tiñan que facer para non complicarse. Forte defensa sobre o seu mellor xogador, o nº 11 que era quen dirixia o ataque dos marinenses, en ataque os pivots locais eran mellores frente a un equipo atlético pero non moi técnico.

Iniciouse e encontro e ós 4 minutos Extrugasa xa gañaba 10 â?? 2. Xogando ben o equipo, e resolvedo Nacho e Pino dentro da zona visitante. Parecía que os marineneses querian meterse no partido, dous minutos despois estaban 14 â?? 8, gracias ó acerto do seu mellor xogador. Pero apareceron os lanzamentos de 3 puntos diante da zona que puxeron os de Marín. Peñaño cunha e ¡¡¡ Pedrito !!! con 3 case consecutivas deixaron o marcador nun 27 â?? 12 ó final do 1º cuarto.

No 2º cuarto xa se mantiveron as diferencias: Felipe doulle o relevo na defensa sobre o 11 visitante, Gulli un descanso a Peñano e Santi a Nacho. Así o equipo non se resentiu e seguía a forte defensa local, mentras que en ataque Pino seguía anotando tras rebote, ou en varios 1 contra 1 gañando ben a liña de fondo. Santi igualmente en 1 para 1 ó poste e Felipe anotando por velocidade, quedando o marcador ó descanso nun 43 â?? 22.

Xa na 2ª parte o partido seguiu sen grandes sobresaltos. Houbo un momento en que Marín rebaixa a diferencia a menos de 20, aproveitandose de 2 erros puntuais dos locais, que non estaban acertados nesa fase no lanzamento exterior. 4 puntos de Peñaño deixaron o marcador ó final do cuarto nun 54 â?? 32.

Xa no derradeiro os locais metendo ós rapaces no campo, ben dirixido o equipo por Peñaño, que se xogou varios bloqueos e continuación con Pino, que remataron en canasta deste, tras asistencia daquel, elevaron a diferencia ós 30 puntos, a pesar da presión final dos visitantes. 71 â?? 44 e repartindo moitos minutos para todolos xogadores locais, incluidos os 3 mozos: Pedrito, Juanjo e Victor.

Categorías: Basket Río Ulla

4 comentarios

O Rei · 11-02-2008 a las 00:01

¿Onde están eses 9 puntos de Pedrito?, ¿a quen llos roubamos? As contas non cadran… Bueno, quitarémosllos a Pepi, con 25 ben pode repartir

fru · 11-02-2008 a las 00:09

Resultados doutras categorias do club na fin de semana:

РCadete: Ga̱aron por un claro 24 Р58 en Portonovo.

– Infantil Masculino: perderon contra o CB Pontevedra 59 – 63.

-Alevin masculino: Gañaron 42 a 39 ó Marin «A»

– Alevin femenino: Gañaron 60 – 9 ó Marín «C»

cachote · 11-02-2008 a las 00:55

As estadisticas son as do partido pasado… debeu de haber un transpapelamiento nas planillas das estadisticas. Os «juveniles» aportaron todos puntos , sobre todo o señor Pedrito q meteu os seus 9 puntazos no 1º cuarto.

O señor Pepi neste partido pouco aportou no apartado anotador… a ver si vai meter sempre 25 puntos.

Ah, e imoslle ter q facer un seguimiento mais exhaustivo ás categorias inferiores, q parece q estan completando unha gran temporada.

fru · 11-02-2008 a las 07:41

Tedes razon. Eses eran os números do partido anterior. Os deste foron:

Gulli (4), Peñaño (14), Pedrito (9), Diego (-), Victor (2), Pino (17), Nacho (9), Santi (4), Juanjo (4), Roberto (8), e Pepi (-).

Ademais dos 9 puntos de Pedrito, O Rei, curioso Pepi… en 7 dias de 25 a 0 puntos… tirando só 4 veces a canasta. Pero onte aportou moita defensa sobre o 11 visitante. Os puntos meteronnos outros.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.