Pavimentarase a pista que une a Charca co Centro de Saúde de Baño, entre os municipios de Pontecesures e Valga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Xa comezaron os traballos coa maquinaria da Deputación e así o camiño será pavimentado a semana que ven.
Este camiño quedou pendiente de asfaltar hai moitos anos (por mor dun ancheamento que nunca se levou a cabo) e presenta un estado lamentable, pois está en terra e cuns socavóns profundos.
Vaise pavimentar a pista co ancho que ten, respondendo así as numerosas queixas veciñais polo estado do firme.

Categorías: Concello

11 comentarios

xiana cores · 23-02-2008 a las 20:55

En outros tempos houbo un cantico que decia «Pavimentame Xose Cuiña».Agora temolo que cambiar e decir «Pavimentame Sr Louzan,Pavimentame»

Enxurro · 24-02-2008 a las 09:10

¡posiblemente precises dunha boa pavimentación, Cores! . � moi importante que esta pista teña o firme en bo estado, é de tránsito necesario, e non se utiliza ao estar en malas condicións polos disidentes do noso Centro de Saúde.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-02-2008 a las 09:28

Vexo que estivestes revolucionada no día de onte, «xiana cores». Pavimentar é unha necesidade. Mira a Deputación de Louzán bota capas de rodadura; a Consellería do Medio Rural de Suárez Canal, tamén; a Consellería de Política Territorial de Mª José Caride, tamén; o Ministerio de Fomento nas estradas estatais, tamén.
Dame a impresión que non che gustan as melloras, porque o arranxo desa pista non debe admitir discusión. Era mellor ancheala antes. Pero senón houbo acordo no pasado cos particulares, polo menos pavimentala.
Coñezo a estrofa da que falas, e interpreto que se trata dunha crítica polas pavimentacións no rural galego que levaban o asfalto ata as portas en fincas privada na busca de votos. Non confundamos.

xiana cores · 24-02-2008 a las 17:19

Como que non confundamos Sabariz.A deputación de Pontevedra e o organismo mais caciquil que nos queda en Galicia.O seu presidente e un dos grandes caciques que nos queda do reximen de Fraga.Metido en cincuenta mil trapalladas das que ten que empezar a pasar polo xuzgado.E disme a min que non confunda.O que tiñan que desaparecer son as diputacións todas de unha vez xa que e de vergonza a forma de traballar que teñen.E persoeiros como o señor Louzan tamen.
Ademais este tamen so da obras e pavimentacións cando ten algun amigo seu nos concellos.
Creo que admite todo tipo de comparacións co señor Cuiña xa que ademais de amigos eran e son da misma calaña.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-02-2008 a las 19:44

Segues acelerada tamén o domingo, «xiana cores», e amosas un disgusto tremendo porque en Pontecesures se fagan cousas de interese. O favoritismo de tódalas institucións a prol dos concellos do mesma cor política e vello e desgraciadamente persiste. Eu quixen dicir que o aglomerado asfáltico é o mesmo, bote quen o bote.
Claro que hai xente que está en contra das deputacións e o debate está na rúa. Pero para iso non hai que arremeter contra ninguén. Tamén hai moita xente que está en contra de que as administracións non teñan uns criterios nin unhas bases claras para conceder as axudas ós concellos. Na prensa hai queixas deste tipo a miúdo.

error07 · 24-02-2008 a las 21:33

A esa carretera le hacia falta un areglo!ya era hora!!es triste que obras de este tipo, que llevan tiempo en mal estado, se realicen cuando hay unas elecciones cerca. Pienso que esto deberia hacernos a todos reflexionar el voto, no a favor si no encontra por no haberlo hecho antes. ¿Esa carretera pertenece a Pontecesures?¿eso no es Valga?

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-02-2008 a las 21:58

Esa pista divide os termos de Pontecesures e Valga. Leva nesas condicións máis de 9 años (eu tamén son responsable de que non se houbese arranxado nos anos que estiven no goberno).
Agora ben; que veñas a falar de obras electoralistas «error07» despois das que tiveron lugar antes dos pasados comicios locais move un pouco á risa. Vouche poñer un exemplo nada máis: A obra de ancheamento da pista da Toxa (fronte o parque de Infesta) comezou co derrubo dunha construcción, para que se visualizara o ancheamento o día 21 de maio de 2007, cando as eleccións foron o 27 de maio. Comezou sen adxudicar a obra, e incluso sen presentar a oferta o contratista. Ben que presumía da actuación irregular o ex alcalde na Toxa lugar e imos ver agora como se paga esta inquedanza por conseguir votos.

error07 · 24-02-2008 a las 22:05

¿Me estas vinculando con el BNG? no soi de ningun partido ya que todos los politicos sois iguales. Solo hay que mirar en lo que haceis los politicos, cuando estais fuera del poder criticais lo que vais hacer luego si llegais al poder, sois todos iguales!Yo estoy en contra de todas aquellas obras que se deberian de hacer ya hace tiempo y que por casualidad se realizan cerca de unas elecciones, sea el BNG, el PP, el PSOE o cualquier otro.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-02-2008 a las 22:30

Eu tamén estou en contra das obras electoralistas. Non xeralices que nunca tiven que ver con esas prácticas.

xiana cores · 24-02-2008 a las 23:32

Porque non chegaches a estar nunca o tempo suficiente nun partido no que chas ofrecese.Senon ben que ias a fardar delas.Fariaslles propaganda das tuas obras os catro ventos.Pero sabes que pasa que non che queren en ningun partido.Teras que volver a montar ACP e o que che queda.E como ese e teu non tes quen che traia nada.

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-02-2008 a las 09:22

Estiven bastantes anos no goberno municipal e lográronse moitas cousas (eu tamén aportei o meu traballo). Por exemplo en 2003, antes das eleccións locais, non practiquei as actuacións electoralistas dende o goberno local. Pregúntalle ós meus ex compañeiros do goberno de aquela.
Que me quedo só na política local. Pode ser. Na vida e na política «todo tiene su fín».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.