5/Mar/2008
Día da socia de “A Barcarola”.
O sábado día 8 de marzo a Asociación de Amas de Casa “A Barcarola” celebra o día de Santa Agueda e así haberá unha misa ás 18 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures cantada polo coro da asociación. Despois no Centro Social (Camiño de San Xulián nº4 baixo) o mesmo coro interpretará varias cancións populares galegas, habaneras, etc…. Rematado o canto haberá merenda e baile solicitando unha colaboración de 6 € ós/as asistentes.
A asociación convida tamén a asistir ás non socias.
As inscricións pódense facer na Mercería de Carmen, na Parafarmacia ou chamando ó número 986-557369
Por Luis Angel Sabariz Rolán. Arquivado en: Sociedade
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.


(5 votes, average: 3.4 out of 5)
