
NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO
O vindeiro martes día 1 de abril, ás 18.00 horas na Casa do Concello terá lugar a presentación da XIII edición da Festa da Lamprea de Pontecesures, que se celebrará nesta vila o domingo día 6 de abril. Anúnciase xa que o pregoeiro será o coruñés Xosé Luis Ladra Fernández, que acaba de gañar o XIII premio “Vicente Risco” de ciencias sociais co traballo “A pesca fluvial tradicional en Galicia. Caneiros, pescos e pesqueiras.”
A festa este ano presentará algunhas novidades e agora podemos adiantar que a ración custará 12 € e que haberá tamén tiquets para aperitivos. O obxectivo desta última medida é que os descoñecedores do sabor deste exquisito manxar proben o peixe e se animen a saborealo na carpa do peirao.