Onte persoal dependente da Unidade de Estrada do Estado en Galicia comezou a obra para colocar, no espazo onde estaban os bordillos das beirarrúas, unhas pezas de pedra duns 70 cms. de altura a todo o longo desta ponte medieval.
Estas pezas teñen como función protexer ós peóns que atravesan a ponte sobre o río Ulla e tamén ós automobilistas, tendo en conta os accidentes que tiveron lugar por caída ó río, nos que chegou a haber vítimas mortais.
Vaise colocar pedra en lugar de formigón por razóns estéticas ó tratarse dun monumento protexido.