28/Abr/2008
Rolda de prensa do conselleiro de Medio Ambiente no Concello de Padrón sobre o vertido de fuel no río Ulla.
Ás 11 horas do día de hoxe, comezou a rolda de prensa na Casa do Concello de Padrón, onde o conselleiro Manuel Vázquez acompañado dos delegados provinciais de A Coruña e Pontevedra, do Presidente de Augas de Galicia, e do alcalde de Padrón, informou das medidas a adoptar relacionadas con dito vertido. Ademáis de adiantar que haberá unha investigación moi rigorosa das causas, o conselleiro falou da colocación de barreiras de protección e da incorporación ás tarefas de limpeza de lanchas da consellería e de persoal de TRAGSA ata a limpeza total do chapapote.
Por Luis Angel Sabariz Rolán. Arquivado en: Ecoloxía
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.


(6 votes, average: 3.67 out of 5)
