29/Abr/2008
Sementeira en Valga
O Auditorio Municipal de Valga informa que este mércores, 30 de Abril terá lugar a SEMENTEIRA do trigo en colaboración co Proxecto Ronsel (avalado polas tres Universidades Galegas, Consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) da Xunta de Galicia) para recuperar o Patrimonio Cultural Inmaterial.
Este é o segundo ano que se leva a cabo e salientar como novidade que os nenos do colexio se meterán na leira a traballar xunto coas persoas maiores. Van participar tamén os usuarios do Centro de Día de Valga.
Horario:
- 10:00 saída do Auditorio (Cordeiro – Ferreirós 1A)
- 11:00 Sementeira co arado de pau acompañados das pandereteiras de Moldes. (Finca o Pradiño – Loncras – Ferreirós)
- 12:00 Parva
Máis información:
auditoriomunicipaldevalga@yahoo.es
Tfonos: 679-610922 / 986-556769
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.


(8 votes, average: 3.5 out of 5)
