Baloncesto: “Final four” senior zonal en Pontecesures.
Sábado día 31 de maio ás 17:30 horas:
CAFETERÍA D. MANUEL de Cuntis-LA NOCHE BALONCESTO de Portonovo.
Sábado día 31 de maio ás 20:00 horas:
C.B. EXTRUGASA RÍO ULLA-MOTOBAZAR MC DONALDS de Vilagarcía.
Domingo día 1 de xuño, ás 18:30 horas:
GRAN FINAL cos gañadores das semifinais.
Organiza o C.B. Río Ulla e colabora o Concello de Pontecesures, o Concello de Valga, a Dirección Xeral para o Deporte e a empresa Extrugasa.
6 Respuestas a “Baloncesto: “Final four” senior zonal en Pontecesures.”
O Motobazar Mc Donals de Vilagarcia é un equipo con xente veterana, de feito coñecemonos de xogar contra eles nestes ultimos 5-6 anos unhas cuantas veces. Este ano, por motivos laborais pasalle ó que amoitos equipos: dificultades para adestrar todos xuntos, e incluso ausencias dexogadores ós partidos.
Xoga de base Alberto Blanco (o 7). un clasico do basket de arousa: Lento, pero dirixe e fai xogar ós compañeiros.
Logo ten un escolta rápido no contrataque: Carlos Paz, o 13. Tamén xoga nesas posicións Trigo, (10) outro veterano do equipo. De aleiros ten a Jordi (4), con bo tiro. Os pivots(8, 12, 14) tamen teñen boa man alonxados do aro.
Gañámoslle ben ambos partidos da liga: na casa en decembro por 20 puntos, e alá hai 1 mes por 18, pero tiñan ausencias.
As claves: Boa defensa nosa, non deixarlle correr contrataque se erramos nos tiros; que cheguen balóns adentro para Nacho Santi e Pino; e que equipo estea mais acertado nos tiros de 3 puntos.
Sen dúbida ambas semifinais van estar bonitas, pois na outra Cuntis e Portonovo son 2 bos equipos. A priori non dou un favorito claro, inda que logo gañe outro por 20 de diferencia.
Un campeonato a 1 partido ten un punto de incertidume co que hai que contar.
Agradecerche o comentario Hector, e que nos retransmitas o partido.
Por certo, o equipo adestrou esta tarde noite e temos a todos en condicións para sábado. Ate vai chegar o francés “feli-pe” a tempo de participar neste remate de liga. Esperemos que se acordara de traer o tinto típico de “Burdeos”, e non nos pretenda dar D. Simón en botella de pega.
mañá acabaremos de montar o polideportivo. Ata imos ter un pequeno posto de bebidas e chucherias, para que quen se anime a pasar esta tarde de bo basket en Cesures teña algo para levarse á boca.
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.


