Peregrinación mariana a Fátima.
Organizada pola Parroquia de Pontecesures, do día 27 ó 29 de xuño, haberá unha peregrinación mariana a Fátima.
O venres día 27 a excursión sairá de Pontecesures ás 9 horas, con visita á cidade de Braga e ó Santuario de Bom Jesús do Monte. O xantar sera en O Samieiro. Ó atardecer chegará a expedición a Fátima e alonxaranse os peregrinos nun hotel a 50 metros do Santuario.
O Sabado díza 28 os asistentes participarán nos actos litúrxicos
O domingo día 29 e despois de asistir a unha misa en grupo, sairá o autobús de Fátima ás 11 horas para xantar en Porto e visitar esta cidade ó mediodía. Pola tarde visitarase Valenca do Miño estando prevista a chegada a Pontecesures para ás 21 horas.
O prezo da viaxe e da estadía é de 135 € e o prazo de inscrición remata o día 4 de xuño. Os interesados deben poñerse en contacto co párroco Arturo Lores Santamaría.
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.

(8 votes, average: 4 out of 5)
