No día de hoxe foi colocado no pavillón polideportivo de Pontecesures o novo reloxo electrónico para a final a catro de senior zonal de baloncesto, que comeza mañá con participación do club cesureño.
Tamén foron substituídas un par de luminarias afundidas utilizando un elevador, e agora pola tarde vai chegar unha peza necesaria para que funcionen correctamente os dous paneis indicadores dos 24” de posesión.