4/Jun/2008
Os contenedores da zona do cemiterio de San Xulián son só para botar restos das flores do camposanto.
O Concello de Pontecesures comunica que en días pasados modificáronse os puntos de recollida de lixo na rúa do Pilar de San Xulián, debido a que o peso do camión podía afundir zonas do Camiño Portugués, recentemento restaurado. Agora, para esa rúa os puntos máis cercanos para depositar o lixo son o contenedor da rúa Cantillo ou no da entrada a San Xulián na estrada nacional N-550.
Prégase ós veciños que se absteñan de depositar bolsas de lixo nos contenedores do cemiterio, pois estes son para depositar os restos das flores do camposanto.
Faise un chamamento para que se sigan estas instrucións.
Por Luis Angel Sabariz Rolán. Arquivado en: Concello
3 Respuestas a “Os contenedores da zona do cemiterio de San Xulián son só para botar restos das flores do camposanto.”
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.


