As porterías de Randulfe.
No último pleno celebrado o dia 26 de maio á pregunta formulada polo BNG sobre as porterías do campo de fútbol, propiedade do Concello de Pontecesures, e que se atopan nunha finca privada próxima a Plazuela, a Sra.Alcaldesa respondeu que ela non sabía nada do que lle estaban preguntando, que non sabía nada dese asunto e de igual xeito o seu socio tránsfuga do PSOE. Para sorpresa do BNG o Sr. Randulfe, concelleiro do PP, di que él sí sabe por qué están ali,”pedironmo os nenos,para xogar o fútbol” responde e os donos da finca parecelles ben, continúa.
Para o BNG este feito ven a corroborar unha vez máis, a descoordinación existente na actual equipa de goberno, na que o PP “actúa por libre” tomando decisións que non só non consensúa cos seus socios senón que nin siquera llas comunica á alcaldesa a posteriori.
O BNG entende que non se pode dispor alegremente dos bens públicos como se fosen dun e “regalalos” a un particular instalándoos nunha finca privada sen, alomenos, seguir os trámites pertinentes e tomando unha decisión deste tipo, que en calquera caso debe ser motivada e adoptada polo órgano que corresponda.
En calquera caso, e ainda presumindo que esta é unha decisión temporal, o BNG insiste, pois xa o fixo no pleno, que esas porterías non contan coas medidas de seguranza axeitadas, non están debidamente fixadas e a finca na que se atopan está chea de maleza.
O BNG quere denunciar públicamente este feito e insta ao Concello a que tome medidas o respeto e se responsabilice, esixindo ao propietario que, alomenos, acondicione a zona, e adoptando, asimesmo todas as medidas necesarias de seguranza e protección para os nenos, xa que as porterías constitúen un ben de uso público.
No caso de non ser asi, o BNG estima que as porterias deben ser retiradas inmediatamente, xa que supoñen un risco para os cativos dado que a finca atópase permanentemente aberta.
BNG de Pontecesures.









(4 votos cunha media de: 4 sobre 5)29 Respuestas a “As porterías de Randulfe.”
Xa dixen no pleno, que non me parecía mala idea (aínda que non sabía nada, é certo) colocar esas porterías con carácter provisorio na finca a carón da Plazuela para que xoguen os nenos. Mellor aí que achatarradas ou abandoadas en calquera sitio. Agora ben: o campo debe estar limpo e sobre todo as porterías ben ancladas ó chan por razóns de seguridade. Non se pode falar de regalo a ninguén e incluso hai que agradecer ó propietario o xesto de permitir que se use a súa finca. As porterías pódense recuperar para un espazo público en calquera momento.
Chama a atención o formalismo que agora reclama o BNG neste tema. Sobre a defensa dos bens e dos recursos do concello cando gobernaba o BNG, habería moito que dicir.
Sr. Sabariz, gostame que de todo saque vostede unha conclusión positiva, pero o Concello ten a obriga de mirar polo seus bens (os de todos) e non porque a unha persoa se lle dé por deixar unhas porterías na finca dun afiliado e xa está, todo vale.
Cando poida a caixa de caudales pode gardala na miña casa. GRAZAS
Home, “ramón rodriguez rodríguez”, eu non sei se Canducho Campaña está ou non afiliado ó PP, pero iso que terá que ver. Non sei a que ven mesturalo neste tema. O importante é que xoguen os nenos. Xa sabes que os grandes futbolistas fanse na rúas e en todo tipo de leiras de firme irregular ou en costa (exemplos hai de abondo en Arxentina, Brasil, etc..)
Home non sei se os bos futbolistas se fan nas ruas ou en leiras con costas ou en campos con todas as medidas de seguridade!!,en todo caso os tempos, afortunadamente cambiaron no noso pais e as administración deben velar polos seus,sobre todos tratandose dos nenos.Se as porterías son de propiedade do Concello este deberá responsabilizarse do uso,creo eu,e si o dono a cede para o seu disfrute,cal sería o actitude do Concello segun vostede??
Que se aseguren as porterías, que se limpe o campo e que os nenos/as xoguen. O demáis pouco importa. Cando eu era neno, ainda que era un petardo, ¡Que ilusión me facía xogar con porterías! Había que poñer pedras a modo de postes e non tiñamos máis que líos: “Non foi gol, que foi moi alta”, “Foi por enriba das pedras, non é gol”, “Que sí, ti o viches mal”. Que tempos aqueles nos que chegabamos á casa cheos de lama ata as orellas. Pobres nais.
señor sabariz,estas cheo de saber de que partido e canducho ti cando queres fas moi ben o tonto,xa que o bng o fixo tan mal e ti estabas con eles non aprendeches nada, porque cada vez o facedes peor,o unico que sabedes e subir o impuesto,e no me veñas co conto de sempre ,agora estades gobernando vos,o pasado pasado ¿como vos entendedes entre vos si dis que no sabias? .uns andan polo norte e outros polo sur.
Se a unica problematica e que Canducho vota (o voto e secreto) a un partido politico ou a outro e irrelevante. Fixo unha boa acción deixando xogar ahi aos nenos dende sempre. Xa houbo en ocasions anteriores porterias ahi postas pero non eran do concello. Simplemente vexo unha boa iniciativa polas duas bandas agora eso tense que acomodar, e senon, sacalas de ahi. Pero tirar por tirar non creo que beneficie a moitos… Antes agas si pero non queremos recordar esas practicas xa que se foron certas o unico que se sinte e vergonza allea.
Sr Sabariz cando usted era neno cambiaron moitas cousas.Gracias a Dios! Agora os pais queremos que os sitios onde xogan os nosos nenos esten en condicions adecuadas.Ou gustarialle que todo seguira como estaban cando usted era neno?
Despois de todo, temos nenos responsables e nunca vin xogando nese campo a os nenos.
Ben Saba nese tono coñero e vacilón…o támden de taberna Randulfe-Canducho o da Pía, solo podía traeer estas informalidades…pactos de chiquita…o que era nacinalista era o can de canducho….fora a manifestación da plazuela para pedir que se foron o Saba e o medico…amiguiños za vai facer una ano..e manolita a da tienda de deportes sigue envenenada…e o que lle queda..jo..jo..jo..
“Que se aseguren as porterías,que se limpe o campo” Quen o vai facer?...!Que ironía repentina a do Sr.Sabariz co tema do xogo! O tema é grave e ironizar deste xeito pareceme unha irresponsabilidade dun membro de goberno,como é o seu caso.Os nenos polo de agora non estan a xogar o fultbol na leira, é evidente, pero entran nela xogan as agachadas e poden colgarse nas porterias,se ocorre un acidente !esperemos que non!,o responsable será o Concello por non prever as debidas medidas de seguridade dos seus bens (as porterías)
E dalle coas porterías, “laranxa”. Tranquilo home que están amarradas unha contra a outra. Se limpan a leira e se fixan ben as porterías tamén poderías incorporarte ás quenda de penalties que imos tirar alí. Xa sabes, o que perda pagará unha ronda no Tele Bar. Xa verás como se apunta moito xente a participar.
Claro, “laranxa”. No campo xogarán os nenos. Non imos andar os mangallóns polo medio. Pero sempre pode haber un oco para lanzar unha quenda de penalties os maiores. Mira como “Tuso”, xa parece que quere tirar algún tamén.
Cando xogaba co balón na rúa de pequeno en Vilagarcía case sempre viña un garda municipal (dos de antes eh¡ maior, de bigote e con casco branco de “bacenilla”, ¿lembrades?) e tiñamos que fuxir á carreira porque nos confiscaba a pelota. Parece que “laranxa” tamén anima a que se denuncie para que non se xogue na leira de Canducho. Hai xente para todo.
Espero que ti veñas a tirar os penalties, “manolo o do bombo”. Os porteiros sempre din que baixo paus as porterías lle parecen grandísimas á hora de tratar de deter un penalty, mentres os que tiran ás faltas máximas lle parecen pequeniñas. ¿Ti que pensas?.
Algún día me daredes licenza para bromear un pouco,(¿non si?), e para contar anécdotas. A min tamén me gusta á broma e a ironía.
Está claro que o idoneo é ter as porterías ben colocadas para que non ocurran accidentes.
O que non sei é como se lles ocurre aos do grupo de goberno, inda que sexa por ben, poñer istes bens públicos nunha finca privada, á vista da situación que hai dende fai anos no pobo, onde se aprobeita a mínima ocasión para atacar aos da “chaqueta” contraria (da igual a excusa).
De tódolos xeitos, ises pais e nais preocupados polos fillos, con NON deixar que xoguen alí, xa evitan calquera problema.
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.

