Acta de selección de peóns de construcción.
En Pontecesures, a vinteseis de xuño sendo as 10.45 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 2 postos de peón de construcción do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, pola Educadora Familiar do Concello Dna. Tania Vidal Álvarez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.
Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada unha das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, según os criterios de selección e baremación da Orden do 19 de decembro de 2007 que regulan os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.
Iniciado o acto as 11 h. chamase ós/ás quince aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose D. Francisco Carril Portas, D. Francisco Dominguez Chazo, D. Diego Alejandro Dopazo Otero, D. Rafael Gomez Rodriguez, Dna. Dolores Pardal Moure, D. Juan Ramón Pardal Moure, Dna. Nieves Rodríguez Grela, D. Sergio Rumbo Moure, D. Manuel Sobradelo Vicente, Dna. Carmen Souto Durán, e D. José Juán Suarez Manteiga.
Non se presentaron: D. Miguel Custodia Llerena, D. Gerarado García Castromán, Dna. Mª Concepción Gimenez Silva e D. Juan Carlos Rumbo Moure.
Primeiramente os/as once aspirantes cubren a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas. Concluída a entrevista e realizado o baremo, a puntuación obtida polos/as aspirantes foi a seguinte:
D. Juan Ramón Pardal Moure…...............3 puntos
Dna. Carmen Souto Durán…....................3 puntos
D. José Juán Suarez Manteiga…...............2,75 puntos
Dna. Dolores Pardal Moure…...................2,50 puntos
D. Sergio Rumbo Moure….......................2,50 puntos
D. Manuel Sobradelo Vicente…...............2,25 puntos
D. Rafael Gomez Rodriguez…..................2,25 puntos
D. Francisco Carril Portas…......................2 puntos
D. Francisco Dominguez Chazo…............2 puntos
Dna. Nieves Rodríguez Grela…................1,50 puntos
D. Diego Alejandro Dopazo Otero…........1 punto
Tendo en conta o anteriormente exposto, resultan propostos/as por este órgano de selección, D. Juan Ramón Pardal Moure, e Dna Carmen Souto Durán.
.
De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.









(7 votos cunha media de: 3.86 sobre 5)16 Respuestas a “Acta de selección de peóns de construcción.”
E agora para rematar vou contar unha historia do INEM de Vilagarcia.No día de onte unha veciña deste pobo foi pedir explicacións a dita oficina de porque a ela non lle mandaran a carta para estes postos.Xa que o seu caso e totalmente valido para poder entrar nesta selección.O INEN empeza a revisar os papeis e esta persoa aparece nestas listas pero nunca recibeu esta carta.En dita oficina non se creen o que estan escoitando.Parecelles totalmente increible.Ata que o final lle explican a esta muller os tramites que son da seguinte maneira.
O INEM primeiro fai unha lista e mandalla o concello.
Chega o concello esta lista e o concello remitella devolta para que lle manden as cartas a xente.
Bueno pois polo que estamos vendo da primeira lista do INEM a segunda xa desapareceu xente desa lista.
Expliqueme Sr Sabariz ¿que criterio de selección se fixo para que xente que estaba na lista do INEM non apareza na lista do concello?.
Porque me pareceria moi grave que o propio concello pola súa conta fixera xa unha rescolla sen contar co INEM.
Onte os da oficina non crian o que estaba pasando porque ata atenderon 4 empregados a esta veciña do pobo xa que non se creian o que estaban vendo.
Manipulacións de papeis isto si que me parece moi moi grave.
Señoras e Señoras nin no INEM poden creer os trapicheos que se estan facendo no Concello de Pontecesures.
Isto e increible ver para creer.
Deixate de historias, “checha”. Estas contando falsedades. O luns día 23 de xuño a media mañá a Oficina de Emprego de Vilagarcía enviou a lista dos 69 aspirantes (foi a que coloquei eu neste medio). Non houbo máis listas. Antes de chegar a relación dende Vilagarcía se lle envía unha carta os desempregados informándolles o día e hora da entrevista. O concello logo da selección ten que remitir á Oficina de Emprego a relación cos seleccionados, non seleccionados, razóns codificadas da non selección, incomparecencias, etc…Non enredes “checha”. Algunha das persoas descontentas por non estar na lista dos 69 desempregados, foron a Vilagarcía a solicitar explicacións por non estar incluídas. Pero non chegaron novos nomes.
Estás lanzando acusacións interesadas contra a miña persoa, Queda conmigo muller, e che explico co expediente na man todo o que queiras. E ollo, tamén che explico, con papeis na man as contratacións a dedo do BNG cando estaba no goberno, e cando pideu máis xente a Vilagarcía nalgunha contratación porque non lle parecía a única aspirante que residía en Pontecesures idónea para ser conserxe. ¿Non te sona iso?. Consulta a hemeroteca.
Non hai argumento “error07”. Seguides a táctica de acusarme sen base, e de facer política cos non seleccionados. Reitero que se dirá de min de todo, pero o de corrupto e trapicheiro, seguro que non. ¿Sabes quen mellor sabe isto?. Os meus ex-compañeiros nacionalistas cos que compartin goberno. Pregúntalle.
Dende o cambio do goberno sempre me preocupei de que no Concello de Pontecesures houbera publicidade das convocatorias, de que se dise información do proceso, de que houbera un tribunal seleccionador á marxe pos políticos, de que se publicaran as actas de selección. Que se cumplira a legalidade, vaia.
Ata o momento o cambio coa situación anterior e como do día á noite. Por suposto se confiamos no tribunais. Eu confío plenamente nos seus integrantes e non teño razóns para dubidar de ninguén.
A min non me chame mentirosa porque eu non minto.O unico que minte aqui e vostede.Eu estoulle falando dun caso real dunha persoa con nome e apelidos.Ademais que me quere decir que o INEM de Vilagarcia minte.Creo que o que vostede esta decindo son acusacións moi graves contra un estamento publico.
Outra cousa ainda non me contestou a ningunha das miñas preguntas.Sei que non ten argumentos ou xa lle cae a cara de vergonza.
Hoxe pola mañan baixei a tomar algo e non se fala neste pobo doutra cousa.
Non lle parece que todo este tipo de comentarios viran por algo.
E non me veña decindo que cando gobernaba o BNG…como fai sempre.
Sabe que lle digo malo por consentilo antes que vostede estaba no goberno e peor por seguir consentindo agora.E vostede e o que di que lle gusta a legalidade.Xa llo dixen en outro comentario tan malo o que o fai como o que o consinte.
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.

