17/Jul/2008
O XOGADOR DO EXTRUGASA RIO ULLA JOSE CARLOS GARCIA GAÑA UNHA BECA PARA O CAMPUS DE UNICAJA DO 2009
Unha das xovenes promesas do basket cesureño, José Carlos García, de 12 anos, acaba de gañar unha beca para o Campus do Unicaja de Málaga, equipo punteiro da ACB. Os seus méritos foro os de destacar entre 100 participantes galegos no Vilagarcía BasketCamp celebrado en datas recentes no polideportivo de Vilagarcia de Arousa, pois foi valorado coma o mellor deportista da sua idade neste campus.
Unicaja organiza cada ano a finais de xuño un campus para captar novos talentos nacionais, entre nenos de toda España. Jose Carlos acaba de gañarse a participación nese campus para o 2009, cunha beca que lle cubre os gastos de estancia.
Todo elo non e froito da casualidade, pois xa son 6 as tempadas que leva participando federado na liga alevín, categoría que abandona este ano para pasar á de infantís. Non obstante estes 2 ultimos anos xa participou con moita asiduidade no equipo infantil masculino do noso club, sendo unha peza importante nos bos resultados que obtiveron tanto os alevíns coma os infantis. para o ano, coma infantil de 1º anos espéralle a liga infantil, e entrar nas convocatorias e gañarse minutos no equipo cadete, para seguir medrando neste deporte, así de seguro que chegarán maiores éxitos todavía.
¡ NORABOA !
Por fru. Arquivado en: Basket Río Ulla
7 Respuestas a “O XOGADOR DO EXTRUGASA RIO ULLA JOSE CARLOS GARCIA GAÑA UNHA BECA PARA O CAMPUS DE UNICAJA DO 2009”
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.

(15 votes, average: 4.2 out of 5)
