O boletín consta de catro páxinas. Na páxina da portada aparece unha fotografía dos cinco concelleiros nacionalistas diante do remodelado edificio do Club Náutico e co seguinte texto: “Inaugúranse as novas instalacións naúticas”, “O BNG felicita ao pobo de Pontecesures polo logro acadado”.

Na segunda páxina os titulares son os seguintes: “A pesares dos repetidos votos en contra do PP, PSOE e Maribel Castro, o BNG sacou adiante a obra do Naútico”. “No BNG felicitámonos porque foi durante o noso goberno cando se xestionou e mellora e ampliación das instalacións náuticas”.

Na terceira titúlase: “A nova política recadatoria”. “O imposto da plusvalía. Un imposto que non se aplica en moitos concellos e que nunca se aplicou en Pontecesures””. “Convenio Concello-ORAL para a revisión dos orzamentos das obras”. “Zona azul de estacionamento: máis afán de recadación”

Na cuarta e última páxina aparece o seguinte texto: “Un ano de desgoberno municipal en Pontecesures. As desavenencias internas entre a Sra. Castro e Sr. Rafael que os leva a unha loita contínua polo poder, provoca un goberno ineficaz que prexudica ós veciños”.

As críticas van na liña das notas publicadas polos nacionalistas nos medios.