A Consellería de Traballo concedeu unha subvención 22.587 € ó Concello de Pontecesures para o fomento de emprego a través dos programas de cooperación 2008. Esta cifra está destinada á contratación de dous auxiliares administrativos para traballar na Casa do Concello e noutros locais. A duración dos contratos será de 10 meses a xornada completa.
O luns día 4 de agosto será presentada na Oficina de Emprego de Vilagarcía de Arousa, a correspondente oferta de emprego. Por esta razón infórmase ós/as auxiliares administrativos que teñan a condición de desempregados/as, que comproben en dita oficina os datos da súa inscrición para poder optar a estes postos.
Logo de realizar unha sondaxe baseado nas condicións que ses reflecten na Orde que regula as subvencións, será enviada á Casa do Concello unha relación de preseleccionados/as que serán citados pola oficina de Vilagarcía para presentarse nesta administración municipal. Un tribunal será encargado da selección dos dous postos en base as probas, méritos ou entrevistas que determine.

Pontecesures, 2 de agosto de 2008