En augas de Muíños na sexta proba do Gran Premio de Galicia de Promoción, As Torres de Catoira sumou 2.104 puntos, cun ouro, unha prata e un bronce, polos 2.639 do Náutico Firrete. Ademais, o Piragüismo A Illa foi cuarto con 1.792 puntos e dous segundos postos, e o Breogán-Outón Xunqueiriña quinto con 1.670 e unha prata. O Náutico Pontecesures acabou undécimo (616 puntos e un trunfo e un terceiro posto), o Muíño duodécimo (602) e o P. Cambados decimosexto.