Nesta pasada madrugada, persoas descoñecidas arrincaron outro xogo do parque infantil da praza dos Valeiros e destrozaron outra vez o taboleiro de anuncios que fora reparado o propio venres tras os danos sufridos na noite do xoves ó venres.
Tamén algúns veciños queixáronse de que varias persoas nesta pasada noite, na que remataron as festas de San Roque de Porto, causaron algúns danos en cultivos de fincas particulares (millo, berzas, etc..) arrincando plantas.