Son actividades de remo, piragüismo, etc. para nenos/as maiores de 9 anos, cun custo de 10 € e descontos para os nenos que presenten o carnet de ANPA do CPI Pontecesures. As sesións serán de luns a sábado de 17:30 horas en adiante.
Tamén poden anotarse pais/nais, para as actividades deportivas e uso das instalacións (ximnasio), con descontos tamén presentando o carnet da ANPA do CPI Pontecesures.
Proximamente a ANPA concertará unha reunión coa directiva do Club Náutico e os pais/nais interesados, para clarexar calquera dúbida.