Convocatoria para a contratación de educador/a familiar no Concello de Pontecesures.

Para desenvolver o Programa de Educación Familiar no 2008 precisase contratar un/ unha educador/a familiar con contrato por obra ou servicio a tempo parcial (media xornada), cun salario bruto mensual de 671,28 € brutos o mes, (14 pagas). Os/as interesados/as deberan estar titulados/as como:

– Diplomado/a en Educación Social. – Diplomado/a en Traballo Social. – Licenciado/a en Psicoloxía. – Licenciado/a en Pedagoxía.

As instancias xunto co currículo de méritos alegados presentaranse no Rexistro Xeral da Casa do Concello de Pontecesures, rematando o prazo de presentación da documentación o vindeiro 3 de outubro de 2008 ás 13:30 h.

Poderase consultar as bases de selección e baremo no taboleiro do concello, ou en www.pontecesures.org (no banner CONTRATACIÓN DE PERSOAL).

Esta entrada fue publicada en Concello, Educación y clasificada en , . Guarda el enlace permanente. Publica un comentario o deja un trackback: URL del Trackback.

Publicar un Comentario

Debes iniciar sesión para publicar un comentario.