O Domingo 5 de Outubro a partir das 18.00 horas terá lugar a festa XV Aniversario das mulleres ruráis “Albor” de Valga no auditorio municipal de Valga.

 Exporánse os traballos realizados pola asociación o longo de 15 anos nos distintos obradoiros: pintura, labores, manualidades, coiro…

Farase a presentación das próximas actividades:

– Taichi: tódolos Luns de 17.30 a 19.00 no auditorio. – Labores: tódolos Mércores de 16.30 a 18.30 no Centro Social de Campaña. – Manualidades: Xoves de 16.30 a 18.30 no local da asociación en Baño. – Pintura: Sábados de 17.30 a 19.30 no local da asociación en Baño. – Obradoiro de Traxes rexionais para bonecas: aberto o prazo de inscripción. – Tempos de Mulleres: programa que pretende formar ás mulleres dun xeito ameno e divertido a través da participación dinámica. Xoves de 16.30 a 18.30 no Auditorio. – Excursións, charlas e confraternización con otras asociacións.

A xornada rematará cun baile amenizado por un grupo de Vilanova “Los Tres Latinos” e as pandereteiras do concello.

Tódalas mulleres do concello están convidadas a esta festa aniversario e poden traer ás súas parellas.

A entrada e gratuita.

Un saúdo.

Begoña Piñeiro Busto

Auditorio Municipal Valga