O concello de Valga informa que este sábado, 4 de Outubro terá lugar a ROMERÍA DO TRIGO en colaboración co proxecto RONSEL (abalado polas tres universidades galegas, consellerías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) da Xunta de Galicia) para recuperar o Patrimonio Cultural Inmaterial.


 


Destacar que coa romería remata todo o proceso que se estivo levando ata o de agora: sementeira, sega, malla, moenda e barutado no que participaron activamente os membros da asociación terceira idade (Axentiva) e os dos colexios de Educación Primaria “Xesús Ferro Couselo” e “Baño”.


 


Participarán todolos veciños que queiran achegarse, posto que o único requisito é anotarse no Concello ou no Auditorio ata o Venres as 14.00 h .


 


Na romería serviranse os productos elaborados a partir do trigo : pan, empanadas, biscoitos, roscas…


 


Actuarán as pandereteiras do concello e un grupo de gaiteiros xunto co grupo musical  Los Tres Latinos. Como invitado de honra estará o gaiteiro Pablo Carpintero, que forma parte do proxecto Ronsel.


 


Hora: a partir das 14.00 h.


Lugar: Candieira (detrás do Auditorio Municipal de Valga)


 


Begoña Piñeiro Busto


Auditorio Municipal de Valga.