Instalado un novo marcador electrónico no polideportivo de Pontecesures.
Na tarde do venres día 17 instalouse este novo marcador subministrado pola empresa Mondo Ibérica. Na colocación foi necesaria a intervención dun elevador de Grúas Estación.
O custo do marcador é sufragado integramente pola Deputación Provincial de Pontevedra e o grupo de goberno local quere mostrar a súa satisfacción polo logro conquerido agradecéndolle o subministro ó organismo provincial.
O marcador era unha necesidade fundamental e así o viñan demandando os usuarios do recinto deportivo. Lémbrase que hai uns meses solicitouse unha subvención á Consellería de Cultura e Deporte pero non foi concedida por este órgano da administración autonómica.
O novo marcador xa estará operativo nos encontros de baloncesto que terán lugar este fin de semana.
Dase así a “xubilación” ó vello marcador que fora instalado no pavillón nada menos que en 1988. Testemuña de moitas batallas deportivas inesquecibles, o marcador presentaba moitos problemas nos derradeiros tempos. De tódolos xeitos, vaise tentar o seu arranxo para que sexa a alternativa nalgúns adestramentos ou encontros amigables.
2 Respuestas a “Instalado un novo marcador electrónico no polideportivo de Pontecesures.”
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.

(12 votes, average: 4.33 out of 5)
