O BNG de Pontecesures solicita a consulta de varios expedientes de contratación de persoal.

No día de hoxe tivo entrada no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures o seguinte escrito:

“”Dna. Margarita García Castro, Dna. Cecilia Tarela Barreiro e D. Manuel Luis Álvarez Angueira membros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures,

SOLICITAN

Os expedientes completos dos seguintes procesos de selección de persoal:

1-Selección de 1 posto de educadora familiar do 8 de outubro.
2-Selección de 1 posto de limpadora do 15 de outubro.
3-Selección de 2 postos de peón xeral do 20 de outubro.

Tanto a documentación dos traballadores/as seleccionados/as como a de aqueles que non o foron, que inclúa:

-Os criterios de selección
-Documentación aportada polos aspirantes
-Baremación
-Puntacións
-Valoración das entrevistas
-Calquera outra documentación que inclúa o expediente

Pontecesures, 29 de outubro de 2008”“””

Vaise conceder autorización do concello, para que a comprobación se poida realizar o luns día 2 de novembro de 10:00 a 14:00 horas na oficina do técnico de emprego, que foi membro do tribunal. Ten o Sr. Rodríguez Fructuoso instruccións para informar de todo o que dsessexen os concelleiros/as nacionalistas.

Esta entrada fue publicada en Concello y clasificada en , , , , . Guarda el enlace permanente. Publica un comentario o deja un trackback: URL del Trackback.

9 Comentarios

  1. Luis Angel Sabariz Rolán
    Publicado: 29-10-2008 a las 19:43 | Permalink

    Quero que vexades a diferenza co goberno anterior á hora de facilitarlle ós membros da oposición a consulta dos expedientes que é un dereito constitucional que se debe repectar sempre. O Sr. Álvarez Angueira cando era alcalde poñía todo tipo de trabas e facíache esperar ás veces máis de tres meses. Agora fai él a solicitude e se lle dan tódalas facilidades. Que tempos tan distintos.

  2. manolo o do bombo
    Publicado: 29-10-2008 a las 20:34 | Permalink

    Sabariz sabia que ibas a decir esto, pero que boiños sodes os deste goberno.¿AVE MARIA PURISIMA?QUE tiempo tan feliz ,que nunca olvidare,esa e unha cancion dos meus tempos.

  3. Luis Angel Sabariz Rolán
    Publicado: 29-10-2008 a las 21:44 | Permalink

    Por moita burla que fagas “manolo o do bombo”, comentei simplemente a verdade. Antes tiven que acudir ó Valedor do Pobo, trabas, peche de despachos, demoras inauditas, horarios inadecuados para consultas a media mañá para que me afectara no traballo, etc…Dixen que, mentres eu tivera responsabilidade, iso non ía ocorrer, e estou cumprindo o anunciado. Estas cousas tamén son importantes e teño confianza de que a xente saiba apreciar que se respecten os dereitos de todos.

  4. charly
    Publicado: 30-10-2008 a las 00:15 | Permalink

    Hay que joderse con estes do bloque
    piden explicacions cando nunca deron tales. que se pode esperar,dun tipo que pensa,que esta vijente o dereito de pernada (PATETICO)

  5. manolo o do bombo
    Publicado: 30-10-2008 a las 16:36 | Permalink

    SABARIZ ti cumpliras moito, pero a tua socia maribel no,fun a pedir unha partida de nacimiento,e contestoume que habia que pedila catro dias antes ,ela non podia ese dia que iba a peluqueria,en horario de traballo que estamos pagando todos,ahora no me digas que e mentira pasoume a min .

  6. Luis Angel Sabariz Rolán
    Publicado: 30-10-2008 a las 17:08 | Permalink

    Home “manolo o do bombo”, eu trato de que se cumpra no tema das consultas dos compañeiros da oposición. Sobre o funcionamento diario e a atención veciñal, ignoro detalles pois non estou normalmente no concello en horario de mañá.
    Agora ben; a partida de nacemento non ten nada que ver nin coa alcaldesa nin co concello. Ese documento solicítase no Rexistro Civil que está situado no andar primeiro da Casa do Concello. A alcaldesa non ten que asinar ese documento para nada; correspóndelle ó Xuiz de Paz e á Secretaria do Xulgado de Paz. Home, á perruquería imos todos algún día. Seguro que a alcaldesa vai máis veces que ti e que min xuntos. ¿Non che parece?.

  7. pandorcas
    Publicado: 30-10-2008 a las 19:07 | Permalink

    Dende logo non hai nada mellor que ter o mamdo así saio do traballo con calquera escusa ainda que sexa para ir a perruqueria.
    Que pouco sabedes do mundo laboral. O mundo dos currantes é de outra maneira Aprobeitade mentres podedes.

  8. Luis Angel Sabariz Rolán
    Publicado: 30-10-2008 a las 19:13 | Permalink

    Pero, “pandorcas”. Será mellor falar de cousas máis serias. Eu non sei cando vai á perruquería a alcaldesa nin tampouco me preocupa moito. Estamos a falar dos dereitos dos concelleiros, e das facilidades que se dan agora ós membros da oposición. Antes sucedía todo o contrario.

  9. Tiroliro II
    Publicado: 31-10-2008 a las 19:55 | Permalink

    Hai que ter cara para pedir expedientes de contratación de traballadores, que veña Angueira e a Juliana agora con este clama o cielo, que lle entreguen o decreto que fixo angueira subindo a Xurxo o do gasoil a dedo de peon a oficial, ou o expediente donde o tacón entrou no concello acertando 24 de 25 preguntas coa de Julian no tribunal, trapicheiros, cecilia a da cocha esta dandolle cobertura a estes fuleiros, o que hai que aguantar

Publicar un Comentario

Debes iniciar sesión para publicar un comentario.