Uns gamberros causan destrozos no mirador do Galiñeiro.

Neste mirador recentemente rehabilitado nunha actuación do LEADER PLUS e situado no monte municipal “Salgueiras-Lagoa”, houbo hai uns días destrozos causados por descoñecidos.
En concreto, foron desmontados dous bancos de pedra, e danadas papeleiras e unha farola de alumeado. Tamén foron substraídos os canos da fonte.
Operarios municipais xa están a proceder ós arranxos solicitándo o goberno local (ademáis de lamentar estes feitos que atentan contra o patrimonio de todos) a colaboración cidadá por se algunha persoa ten algún dato sobre o autor ou autores.

Esta entrada fue publicada en Concello y clasificada en , . Guarda el enlace permanente. Publica un comentario o deja un trackback: URL del Trackback.

Publicar un Comentario

Debes iniciar sesión para publicar un comentario.